Site icon Crónica3.com A Mariña

“A N-640 é o claro exemplo do abandono de Lugo por parte do goberno do estado” afirmou Olalla Rodil

Lugo, 18 de xuño de 2016. Coa instalación dunha serie de cartaces reivindicativos denunciaron os nacionalistas o mal estado da N-640 no tramo que une Lugo e Meira. A candidata por Lugo do BNG-NÓS Candidatura Galega, Olalla Rodil, acompañada de concelleiros e concelleiras do BNG dos municipios que atravesa esta estrada na comarca de Lugo, dixo que “A N-640 é o claro exemplo do abandono de Lugo por parte do goberno do estado”.

“Estamos a falar dunha estrada que é a principal comunicación entre Lugo, a Terra Chá, a Mariña e Asturias, que é responsabilidade do Ministerio de Fomento e que está totalmente abandoada” lembrou Olalla Rodil e comprometeuse a trasladar ao Congreso en Madrid as iniciativas necesarias para que o goberno do estado se faga cargo dos arranxo do firme da estrada N-640 (Lugo-Meira).

“O firme da N-640 atópase nun deficiente estado de conservación e esto pode provocar accidentes nesta estrada que asume un importante volume de tráfico” asegurou Olalla Rodil e explicou que “cando chove fórmanse bolsas de auga que se converten nun auténtico perigo para a seguridade vial”.

Para o BNG é necesario facer esta demanda dende todos os concellos que atravesa a estrada N-640 por que o seu mal estado afecta a moita xente destes concellos, da comarca e mesmo ás persoas que transitan dende Lugo cara Asturias”. Rodil lamentou o continuo abandono que o goberno do estado fai da provincia de Lugo e asegurou que existen serias dúbidas de que o propio Ministerio sexa coñecedor do estado real no que se atopa este vial a pesares “de que xa anuciaron proxectos, orzamentos, licitacións e todo tipo de tramites menos a efectivización do arranxo da estrada”.

Exit mobile version