Site icon Crónica3.com A Mariña

A piscina municipal de Viveiro prepara as actividades de verán por primeira vez con xestión directa dende o Concello

A nova tempada de verán está a piques de dar comezo na Piscina Municipal de Viveiro no primeiro ano desde que o Concello de Viveiro asumía a súa xestión directa.

Novidades:

1. Agora poderasche facer abonado sen pago de matrícula, ou sexa soamente se pagará o abono do mes.

2. A piscina terá novo horario de apertura, moi demandado polos usuarios, que agora poderán gozar da instalación dende as 08.00 horas.

3. Haberá oferta de cursos de natación para adultos, nenos e infantil (de
iniciación, medios e perfeccionamiento).

4. A instalación continuará ofertando unha serie de cursos gratuitos para abonados, co fin de premiar a fidelidade dos usuarios, entre eles Natación Saudable e Pilates Base.

5. Crearanse grupos de adestramento de mantemento de natación, para persoas que saiban nadar, a partir da idade de 12 anos, podendo escoller 2 horarios, un de mañá e outro de tarde (podendo asistir indistintamente a unha hora ou outra) , pensado en xente que traballa a quendas, estudantes, etc

6. As actividades de sala tamén terán unha importante oferta, con cursos de Aerobic, Spinning, Interval, Mix Class e a novidosa de Multideporte (con sesións de Bici, Ximnasio, Carreira, Estiramentos, etc; pero todas dirixidas).

7. Outra das novidades serán os CAMPAMENTOS “QUE AUGA”, con tres quincenas: para pícaros/as de 4 a 8 anos, do 14 ao 29 de Xullo; para pícaros/as de 9 anos en diante do 1 ao 12 de agosto; e para nenos/as a partir de 4 anos, do 17 de Agosto.

O eixe vertebrador dos campamentos será a natación, coa primeira parte do día sempre dedicada á actividades acuáticas e a segunda, a deportes, xogos, excursións etc.

8. A instalación permanecerá pechada pola pechadura técnica obrigatoria, desde o domingo 3 de xullo ao martes 12 de xullo, sendo a súa apertura o
mércores 13.

9. As cotas de abonados así como os cursos do mes de xullo, terán un custo do 50 %, aplicándose o desconto polos días que permanece pechada a instalación.

10. As inscricións nos cursos e actividades de verán ábrense o próximo luns 13 de xuño.

O vindeiro venres 17 de xuño, os nenos e nenas dos cursos da instalación terán unha festa con inchables, á vez que se lles entregará as tarxetas de nivel que adquiriron en devanditos cursos.

Exit mobile version