Site icon Crónica3.com A Mariña

A Rede de Voluntariado Local do Concello de Barreiros recadou 2.565 euros para a Asociación Ring 14 España

entrega recadaciónBarreiros, 13 de xuño de 2016.- A Rede de Voluntariado Local do Concello de Barreiros recadou 2.565 euros para a Asociación Ring 14 España, na cea do VI Día Solidario, celebrada o pasado venres no restaurante A Ribeira, en San Pedro de Benquerencia. Fíxéronlle entrega da recadación o alcalde, Alfonso Fuente, e as voluntarias da Rede a Lucinda Amor, en representación da asociación e como integrante da mesma.

Desde a Rede de Voluntariado Local do Concello agradecen “a colaboración de todas e todos e dos distintos establecementos que fixeron posible este VI Día Solidario, tanto no desfile benéfico como na cena-baile”.

Exit mobile version