Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta destina 150.000 euros a obras de saneamento e abastecemento no concello de Mondoñedo

Mondoñedo, 23 de xuño de 2016.- O Consello da Xunta autorizou este xoves o convenio de colaboración en materia de saneamento e abastecemento cuxo valor ascende 150.000 euros. En concreto, o acordo aprobado refírense as concellos de Mondoñedo. Co visto e prace a este convenio, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio pode asinar os convenios de colaboración que permitan a licitación das obras este mesmo ano).

No Concello de Mondoñedo executarase a obra de renovación da tubaxe de abastecemento na avenida de Bos Aires en Mondoñedo, que actualmente presenta problemas de funcionamento debido a súa antigüidade. O importe desta actuación é de 150.000 euros.

Este tipo de colaboracións garanten a subministración de auga en calidade e cantidade á cidadanía e dan cumprimento á Directiva marco da auga; colabórase coas entidades locais para mellorar a rede de abastecemento secundaria e garántese o abastecemento e regulación dos recursos hídricos en calidade e cantidade coa realización das obras de infraestrutura necesaria, velando, así mesmo, polo seu consumo responsable e fomentado o seu aforro.

Exit mobile version