Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta Directiva do CD Burela FS Pescados Rubén convoca Asemblea Xeral Extraordinaria de socios/as

Burela, 2 de xuño de 2016.- A Xunta Directiva do CD Burela FS Pescados Rubén convoca Asemblea Xeral Extraordinaria de socios/as para o luns día 27 de xuño de 2016. A reunión terá lugar no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca); a primeira convocatoria está fixada para as 20.00 horas e a segunda para as 20.30.

ORDE DO DÍA
1. Lectura e aprobación da acta anterior

2. Temporada 2016-17 (abonos de soci@s, entradas…)

3. Organización da ED Burela FS 2016-17

4. Orzamento económico 2016-17

5. Rogos e preguntas

Exit mobile version