Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo de matrícula no III Campus Mixto de fútbol sala e fútbol base

Queres darlle unha sorpresa @ fill@, sobriñ@, net@…? Queres facer un agasallo especial este verán? Con Cangas del Narcea, SD Narcea e a Fundación Imdecum podes quedar moi ben, regalando o III Campus Mixto de Fútbol sala e Fútbol Base.

Xa podes adquirir o cartón ‘Regáloche este Campus’ para que o nen@ a reciba no seu domicilio.

Matrícula aberta
Todos aqueles/as mozos/as de entre 6 e 17 anos que queiran gozar do deporte cos mellores especialistas nacionais e internacionais na materia poden reservar a súa praza ata o mércores 20 de xullo (prazas limitadas). A folla de matrícula estará a disposición das persoas interesadas no Concello de Cangas del Narcea e na sede de Imdecum en Burela (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, Burela). A través do correo campusmixtofutbolsala@gmail.com tamén se ofrecerá toda a información solicitada, así como o formulario de inscrición.

Tarifas
O prezo da matrícula será de 180 euros ou 340 euros con media pensión ou pensión completa, respectivamente. As familias que apunten a máis dun nen@ terá un 20% de desconto a partir da segunda matrícula e o alumnado da SD Narcea, ED Burela FS e AFD Porto de Burela terá un 10%.

Exit mobile version