O venres día 10, tivemos a despedida do alumnado de 4º de ESO; unha celebración ben variada; con todo o alumnado do centro presente e unha ben nutrida representación das familias, iniciábase cunha intervención do profesorado que exerceu as titorías ao longo destes 13 anos de estadía no colexio, continuou cunha actuación musical a cargo do alumnado homenaxeado; de seguido tomaron a palabra os rapaces e rapazas que foron facendo un repaso minucioso de cada un dos seus profesores e profesoras, sen esquecer unha emocionada lembranza de Luis Cifuentes, profesor do centro recentemente falecido; acto seguido tivo lugar a entrega de orlas e o intercambio de agasallos entre o alumnado e o profesorado, rematou o acto xeral cun baile a cargo dos rapaces e rapazas de 4º. A continuación, xa só coa presenza do alumnado homenaxeado, as súas familias e algúns profes, visionouse un vídeo retrospectivo a base de imaxes dos seus trece anos de estadía no colexio. Rematou o acto coa degustación duns pinchos á altura das 14 horas.