Site icon Crónica3.com A Mariña

Alemania en Ribadeo: Fin de curso no IES Ribadeo Dionisio Gamallo

20160621_113326Ribadeo, 27 de xuño de 2016.- Rematou o curso 2015/2016! O martes 28 entreganse as notas finais. Para o alumnado de 1º de bacharelato do IES RIBADEO DIONISIO GAMALLO foi algo máis especial porque recibiron a visita dos seus colegas alemáns do Karl von Frisch Gymnasium de Dusslingen nos últimos dez días. Unha visita esperada porque completa o intercambio anual que se ven realizando neste centro dentro do seu Plan de Europeización que inclúe Programas Europeos para alumnado e profesorado, optativas de configuración propia e ofertadas no bacharelato, ademais da oferta de francés e portugués como segunda e terceira linguas estranxeiras,… Todo este armazón académico ten un fundamento claro: a aposta definitiva en Ribadeo por un futuro de formación e cooperación cos recursos e valores de ámbito europeo.

Durante estes días o alumnado alemán coñeceu o presente e o pasado da vila, a través das historias e das paisaxes, visitou o mercado, empresas de fabricación artesanal, os recursos paisaxísticos da ría de Ribadeo,… e tamén tiveron tempo para compartir experiencias en Coruña, Gijón, Santiago,… para rematar na noite máis curta do ano que supuxo a derradeira da súa estancia na nosa terra.

Un novo grupo de alumnos e alumnas estase xa preparando xa para renovar este intercambio ben consolidado no noso centro, e que supón un empuxe definitivo para o coñecemento da realidade europea e un achegamento directo e profundo coa realidade académica dun país veciño.

Agardamos que estas experiencias e outras similares que se veñen desenvolvendo contribúan a fortalecer o espírito de cooperación, de tolerancia e de respecto entre tódolos cidadáns.

Exit mobile version