
Barreiros, 3 de xuño de 2016.- Estes días os responsables de Coge3 están limpando praias cos colexios da zona. Este venres foron os alumnos de San Cosme a recoller lixo na praia de Coto (Barreiros). Despois da limpeza disfrutaron no patio do colexio cos monopatíns que levaron tamén os organizadores (Coge3 e Actiboot).