Site icon Crónica3.com A Mariña

BNG: “Entre o reparto de prebendas de Darío Campos para manter o sillón presidencial e a actuación responsable do BNG de Foz hai unha diferenza abismal”

Foz, 29 de xuño de 2016.- Os representantes do BNG, tanto na Corporación Municipal de Foz como no goberno da Deputación de Lugo, sempre defenderon o interese xeral e o ben común dos veciños e veciñas.

Hai que lembrar que os nacionalistas estaban na Deputación de Lugo nun co-goberno cos socialistas firmando de antemán un acordo marco (3); sen embargo, o BNG de Foz forma parte da oposición do Concello de Foz, gobernado en minoría polo Partido Popular.

Esta situación de minoría é a que lle obriga ao goberno a aceptar propostas da oposición.

No tema dos orzamentos propuxéronse, antepoñendo o interese xeral da vila e das parroquias, por parte do Bloque Nacionalista Galego; a reparación do Pavillón Municipal de Marzán (600.000 €), rematar o saneamento nas parroquias de Santa Cilla e San Acisclo (100.000 €), colocar uns baños públicos na zona do muelle, rematar as beirarrúas das parroquias (50.000 €) e 30.000 € para a Escola Municipal de Música. O mesmo fixo o resto da oposición con outras varias propostas, ás que intervención deu luz verde e foi por iso polo que se decidiu apoiar o documento.

Pola contra, foi o PSOE da Deputación de Lugo o que negociou cos ególatras do PP e co deputado tránsfuga ás costas do BNG sen respectar o acordo de goberno que tiñan cos nacionalistas, coa última intención de manter a presidencia.

Queda así claro que son situacións ben distintas.

Polo tanto, dende o BNG de Foz expresamos o noso máximo apoio aos compañeiros Veiga e Ferreiro pola decisión tomada sabendo que seguirán a defender o interese xeral dos veciños e veciñas da provincia, como sempre fixeron, agora desde a oposición, demostrando que o importante non é o sillón que se ocupa senón servir aos cidadáns.

Exit mobile version