
A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar participaba este luns 13 de xuño na romaría do San Antonio da Rigueira. Seis persoas partían ás once da mañá do local social para facer a ruta a pé, aínda que para o xantar xuntouse máis xente que foi en coche. Os romeiros recolleron o lirio e o diploma á súa chegada, logo dun “paseo” no que os acompañou o bo tempo. Despois de botar uns bailes na sesión vermú e de xantar nas inmediacións do río, volveron andando ata Trasbar.