A inclusión do mesmo no roteiro non viría senon a enriquecer éste ó facilitar ós caminantes a oportunidade de coñecer e contemplar tan singular monumento.Naturalmente a iniciativa de Abrindo Camiño necesita da solidaridade e o apoio da sociedade, comezando polos que ostenta a representación dos intereses cidadáns; ou sexa, os concellos, nesta ocasión de xeito especial, por razóns obvias, o de Foz, con cuxos responsables o colectivo leva loitando dez anos para que dote dun albergue as proximidades de San Martiño que é servicio fundamental para que o lugar se convirta en punto de parada e fonda.
Os vindeiros días 24 e 25 vai a celebrarse en Mondoñedo unha importante xuntanza para celebrar a IX Xornada do Peregrino e tratar nela asuntos relacionados co Camiño de Santiago, que foi declarado Patrimonio da Humanidade, coa asistencia de destacadas autoridades e expertos.Esperamos que daí saia a rectificación do lapsus cometido con San Martiño e o compromiso de verdade do concello de Foz de dotar o lugar do correspondente albergue de peregrinos, indispensable para acadar os obxetivos.