Site icon Crónica3.com A Mariña

Catro medallas para o Club Atletismo Lourenzá no Galego de Veteranos

O ATLETISMO LOURENZA trouxo 4 medallas e 2 cuartos postos do CAMPIONATO GALEGO DE VETERANOS celebrado durante ese sábado 17 de xuño en Vilagarcía de Arousa.

MARISA ARES logra na súa categoría V35 1 ouro nos 40 metros lisos e 2 pratas nos 100 e 200 metros lisos sendo os primeiros metais cos que se facía o club. O último deles chegou á última hora da tarde cando MARCOS RODRIGUEZ se proclamaba subcampión galego nos 5000 metros lisos.

Marcos e Marisa, pais das recentes campioas galegas, AINARA RODRIGUEZ (ouro en 500 metros lisos e prata en 150 metros lisos en categoría infantil) e IRIA RODRIGUEZ (ouro nos 500 metros lisos da categoría benxamín) reunían entre o campionato de menores celebrado o sábado pasado no Barco de Valdeorras e o de veteranos disputado en Vilagarcía esta fin de semana 3 campionatos galegos e 3 subcampionatos para a mesma familia.

Tamén destaca a gran actuación de LUÍS GRAÑA que competía nos 200, 400 e 800 metros lisos e conseguindo 2 cuartos postos en V40 nas probas de 800 e 200 metros. Luís fixo unhas carreiras espléndidas quedando moi preto do terceiro escalón do podio.

Carreira da Muller de Xixón
Na xornada do sábado tamén se disputaba en Xixón a carreira da muller, unha iniciativa creada para recadar fondos para o cancro de mama e que se celebra en varios puntos de España. O noso club estivo representado polos imparables MOISÉS e GAVIN.

Exit mobile version