Site icon Crónica3.com A Mariña

Celebrada a clausura das Escolas Deportivas de Barreiros 2015-2016

Foto CLausuraBarreiros, 2 de xuño de 2016.- Este mércores 1 de xuño celebrouse en Barreiros a Clausura das Escolas Deportivas de Barreiros na súa Tempada 2015 – 2016, na que participaron de outubro a maio máis de 200 alumnos (80 adultos e 120 nen@s), cun incremento considerable ao ampliar os grupos de traballo das seccións de adultos.

As 8 modalidades deportivas ofertadas para idades infantís foron: futbol sala, atletismo, tenis de mesa, patinaxe, xogos predeportivos e natación, e as modalidades deportivas ofertadas para a sección de adultos foron: ximnasia mantemento e aeróbic (con 6 grupos de traballo).

A clausura tivo lugar a partir das 18,30 comezando coa exhibición de Patinaxe Artístico e a continuación disputouse un partido de fútbol sala categoría biberón – prebenxamin.

A partir das 20,00 horas, con presencia do rexidor barreirense, D. Alfonso Fuente Parga procedeuse á clausura oficial das E.D. Barreiros coa entrega da memoria de actividades da temporada e entrega de medallas e finalizando cunha merenda para todos os asistentes.

Dende as E.D. Barreiros agradecemos a colaboración que ano tras ano nos prestan os centros educativos: Ceip San Cosme, Ceip San Miguel así como da Oficina de Información Xuvenil.

Exit mobile version