Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla-homenaxe a Enrique Cal Pardo en Viveiro

CALPARDOViveiro, 15 de xuño de 2016.- O vindeiro Sábado 18 as 20:30 celebrarase en Viveiro no Salón de Plenos do Concello unha homenaxe ó insigne historiador recentemente finado D. Enrique Cal Pardo. Nesta participaran o escritor Ramón Loureiro, premio “Julio Camba” 2016 entre outros; a Marquesa Simonetta Dondi dall Oroglio, historiadora e Directora do Museo Catedralicio de Arte Sacra mindoniense; e o Cronista Oficial de Viveiro Carlos Nuevo Cal.

Será un acto de recoñecemento da sua obra e legado. Débeselle a conservación e estudo dun dos arquivos mais importantes de Galicia o do Obispado de Mondoñedo.

Falarase da súa labor como investigador, a relación con Pardo de Cela, a historia da nosa Terra, os vínculos de Viveiro e Mondoñedo. Así como reivindicar recoñecemento físico das institucións por unha carreira chea de vocación, sacrificios, vontade e bonhomía.

Organiza: Antonio Lage-Seara.

Exit mobile version