Site icon Crónica3.com A Mariña

Conde traslada aos traballadores de Alcoa que apoiará “calquera decisión que pase pola continuidade das plantas”

image_gallerySantiago, 31 de maio de 2016.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, trasladoulles este martes aos representantes dos comités de Alcoa que a Xunta apoiará “calquera decisión que pase pola continuidade das plantas” da Coruña e San Cibrao.

No encontro, celebrado en San Caetano, Conde incidiu en que para iso é necesario un proxecto industrial con garantías de continuidade, que deberá conter os investimentos necesarios para dar unha maior competitividade a ambas plantas, e por suposto o mantemento dos postos de traballo tanto na Coruña como en San Cibrao.

O conselleiro reiterou que a Xunta mantén un contacto continuo coa empresa, e seguirá a facer un seguimento polo miúdo do proceso. Conde apuntou así mesmo que o Goberno galego espera que a compañía garanta un futuro para as plantas de Alcoa en Galicia, unha industria estratéxica para a comunidade e un motor económico para o norte da provincia de Lugo.

Na reunión tamén se incidiu na orde de interrumpibilidade, e en cales son os requirimentos de cara ao futuro que precisa Alcoa e o conxunto de empresas electrointensivas que están a desenvolver a súa actividade en Galicia. Neste eido, Conde, que salientou que se manterá o diálogo continuo cos traballadores, incidiu na necesidade dun contexto de maior certidume no ámbito da poxa eléctrica.

Exit mobile version