Site icon Crónica3.com A Mariña

“Descubre o fútbol sala” despediuse en Ferreira

visita-ferreira162 de xuño de 2016.- Jozi e Matamoros clausuraron esta semana o programa “Descubre o Fútbol Sala” 2015-16 do CD Burela FS Pescados Rubén no CEIP de Ferreira do Valadouro. Os xogadores laranxas compartiron as súas habilidades co esférico sobre a pista co alumnado de 4º, 5º e 6º, acompañados polo director deportivo da entidade, Juanma Marrube, e o alumno en prácticas do ciclo de Actividades Físicas e Deportivas do IES Monte Castelo Adrián Eijo.

O programa de difusión do fútbol sala para os máis novos viviu unha intensa recta final nestas dúas últimas semanas tendo tamén como destinos colexios de Burela e San Cibrao. Os rapaces/as de 3º, 4º, 5º e 6º gozaron dúas xornadas laranxas xunto a Maite, Andrea, Lara, Iago Míguez, Isi, Petry, Iago Rodríguez e Chano; Álex e Renato visitaron o alumnado de 3º e 4º do centro cervense.

Ao longo do curso 2015-16, a filosofía laranxa, con xogadores, xogadoras e técnicos, tamén compartiu pista e balón nos colexios de Muras, Covas, Foz, Xove e Fondo Nois, ademais do IES Perdouro de Burela.
A Familia Laranxa retomará a actividade de “Descubre o Fútbol Sala” co comezo do curso escolar.

Exit mobile version