Os medallistas do C.D.Egovarros-Viveiro foron: na categoría de M50, Emilio Martínez que acadou a medalla de prata, sendo o noveno da clasificación xeral; o seu compañeiro Eliseo López (na foto) na categoría de M65, tamén se fixo coa medalla de prata.
A próxima competición na que estarán presentes os atletas do Egovarros-Viveiro será no Campionato Galego de Pista ao Aire Libre que se celebrará o vindeiro sábado na localidade de Vilagarcía de Arousa.