Site icon Crónica3.com A Mariña

Dúas persoas perderon a vida a causa dunha colisión múltiple en Burela

Un camión e dous turismos colidiron esta tarde na N-642, ao paso por Burela. Como consecuencia do impacto, faleceron dúas persoas.

A colisión se rexistrou ás 16:20 horas deste martes na variante de Foz a Burela, en dirección a Viveiro. Os Bombeiros de Barreiros e os membros do GES de Cervo tiveron que rescatar ás vítimas, atrapadas no interior dun dos turismos implicados. Os profesionais do CAE 112 Galicia tamén pediron axuda aos equipos de limpeza do Ministerio de Fomento, que se encargaron de despexar a vía. O accidente deixou numerosos danos, ademais de causar retencións no tráfico.

O operativo se puxo en marcha despois de recibir no 112 Galicia a chamada de varios condutores que alertaban do accidente. Ademais de bombeiros e efectivos de emerxencias, se achegaron ao lugar sanitarios e axentes de seguridade.

Exit mobile version