Site icon Crónica3.com A Mariña

Encontro entre o equipo de goberno e a empresa encargada da elaboración da nova RPT do Concello de Burela

Burela, 29 de xuño de 2016. No Concello burelés tivo lugar un encontro entre o equipo de goberno e os representantes da empresa que se encargará de realizar a nova RPT (Relación de Postos de Traballo). O alcalde, Alfredo Llano, contou que “estivéronnos a explicar en qué consistirá, o procedemento que se seguirá, etc… ademais de estar con nós tamén aproveitaron para entrevistarse cos representantes sindicais”.

O rexedor asegura que “a primeira fase, a comunicación previa de cómo se fará esa RTP, está lista”. Llano agarda que “esta nova relación de postos de traballo estea rematada a finais do presente ano” e considera que “se trata dunha mellora importante tanto para os traballadores como para o Concello”.

Exit mobile version