
Burela, 10 de xuño de 2016.- Marcelina González Pernas disfrutará dunha estancia no hotel Eurostars da Toxa. Ela foi a gañadora do sorteo das papeletas vendidas pola comisión durante a celebración das festas patronais de Burela. Foi a propia comisión organizadora a encargada de entregarlle o premio, conseguido no programa Bamboleo da Televisión de Galicia.