A Mariña, 1 de xuño de 2016.- Este venres ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Valadouro, celebrarse unha xuntanza á que están convocados alcaldes, concelleiros, afiliados e simpatizantes en xeral do Partido Popular da Mariña e na que participarán tanto a presidenta provincial, Elena Candia, como o cabeza de lista ao Congreso, Joaquín García Díez, ademais do coordinador comarcal dos populares, José Manuel Balseiro.
O encontro pretende ser unha primeira toma de contacto cos populares da Mariña neste período preelectoral e servir para intercambiar iniciativas e impresións sobre cuestión de actualidade e sobre o programa dos populares, que busca ser unha proposta en positivo atractiva para os cidadáns.
“Queremos referendar a confianza maioritaria dos veciños desta comarca, como fixemos en decembro, e explicarlles a situación na que nos atopamos as institucións e o que fixemos para corrixila. Tamén falaremos de proxectos de futuro que queremos impulsar para que a recuperación poida chegar a todos” dixo Balseiro.
Desde o PP apuntan tamén a un reto engadido: o de situar a dous veciños desta comarca, no Congreso dos deputados. “Unha previsión que é posible tendo en conta a división, liortas e proxectos contraditorios que presentan os partidos da oposición”.