Site icon Crónica3.com A Mariña

Festa de despedida das escolas deportivas de Salto do Coro

DSC_0392Mondoñedo, 29 de xuño de 2016.- A Asociación Deportiva Salto do Coro acaba o seu primeiro ano de actividade deportiva coa festa de despedida das escolas deportivas. Poñen así fin a un curso cheo de eventos deportivos, e con ata 5 equipos de fútbol-sala e 2 de baloncesto en competición tanto escolar como federada. Tamén se traballaron outros deportes como son o bádminton, o duatlón, o tenis de mesa, e hai pouco o atletismo.

Máis de 120 personas fixeron deporte con eles na asociación, e moitísimos voluntarios colaboraron nas escolas deportivas.

A festa de despedida das escolas é unha maneira de agradecer aos alumnos e aos voluntarios este ano deportivo.

A programación da festa do deporte de Mondoñedo será de partidos de fútbol-sala e baloncesto entre alumnos das escuelas, xogos na piscina, hinchables,…

A festa de despedida culmínase cunha gran cea ese mesmo día. Para a mesma, os que non sexan alumnos ou voluntarios poden recoller os tickets nos siguientes establecimientos: O Valeco, Bar A Fonte Vella, O Rincón e Os Arcos. O prezo é de 15 euros para adultos e 11 para nenos.

Á mesma irán entre outros Ricardo Hevia, Edu Pascual, Paco Villanueva,… Terán máis xente importante que apadriñarán aos alumnos nesta despedida.

Exit mobile version