Site icon Crónica3.com A Mariña

“Foz, Plataforma de Futuro” insta mediante moción ó Ministerio de Fomento a modificar o proxecto do trazado do corredor do Cantábrico ó paso polo concello

Foz, 28 de xuño de 2016.- O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Nos últimos tempos soubemos polos medios de comunicación que o PP despois de moitas promesas quería comezar as obras do corredor do Cantábrico que enlaza Barreiros-San Cibrao.Dende FPF entendemos que o trazado que afecta ó noso termino municipal podería ser mellorado nalgún aspecto que queremos remarcar nesta moción.Entendemos que o noso casco urbano non podería quedar cun so aceso como no proxecto actual está plasmado,(antiga fábrica de Jeremías, rotonda de Fazouro), ademais este segundo aceso que pedimos dende FPF podería perfectamente tamén servir de unión coas parroquias do interior do noso Concello como son: Vilaronte,San Martiño,Sta Cecilia e San Acisclo.

Así mesmo tamén nos últimos tempos mantivemos unha reunión cos representantes dos veciños da parroquia de San Martiño, os cales nos pediron ,que fixeramos as xestións oportunas para intentar alonxar o máximo posible o trazado do corredor da Basílica de San Martiño polo impacto que isto suporía para un monumento tan antigo e importante do noso Concello.

Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:

-Instar ó Ministerio de Fomento a que contemple no proxecto do Corredor do Cantábrico un segundo aceso ó casco urbano de Foz, así mesmo, este novo aceso podería servir tamén como enlace coas parroquias do interior de Foz como son:Vilaronte,San Martiño,Sta Cecilia e San Acisclo.

-Instar ó Ministerio de Fomento a que se alonxe o máximo posible o trazado da Basílica de San Martiño, polo importante impacto que este produciría sobre un monumento tan antigo, emblemático e importante do noso Concello.

Exit mobile version