Site icon Crónica3.com A Mariña

FPF demanda a limpeza e apertura do Camiño Real que da acceso ao barrio de Ferradás en Cordido

O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello unha moción coa que propoñen “instar ao equipo de goberno do Concello de Foz a que proceda á limpeza e apertura do “Camiño Real” que da acceso ao barrio de Ferradás na parroquia de Cordido”.

Nos últimos tempos, os Concelleiros de “Foz,Plataforma de Futuro” recibimos numerosas queixas dos veciños e veciñas de Cordido, así como dos representantes da Asociación de veciños desta parroquia, motivadas polo estado no que se atopa un dos camiños emblemáticos desta parroquia como é o “Camiño Real”, que da aceso ao barrio de Ferradás.

Así comprobamos que o estado é totalmente intransitable e o parecer segundo se nos comunica leva neste estado bastante tempo.Este camiño hai que recordar tamén, foi unha das promesas electorais do PP de Foz agora no Goberno Municipal.

Exit mobile version