Site icon Crónica3.com A Mariña

FPF solicítalle ó alcalde de Foz e ó seu equipo de goberno que cambien e adecenten a ducha da praia das Polas en Nois,que acabe as actuacións aprobadas en pleno na zona do Curbeiro e se manteña o mercado semanal do 9 de agosto

Foz, 6 de xuño de 2016.- Neste pasado pleno do Concello de Foz do 30 de Maio, “Foz,Plataforma de Futuro” presentou tres rogos ó alcalde e o seu equipo de Goberno para a súa realización no menor tempo posible.

O primeiro rogo consistía en pedirlle ó Alcalde e ó seu equipo de Goberno que procedan a renovar a ducha da entrada da Praia das Polas en Nois, así como tamén, se coloque un lavapés.

O segundo rogo consistía en pedirlle ó Alcalde e o seu equipo de Goberno que procedan a acabar as actuacións previstas para a zoa do Curbeiro, e que foron aprobadas en pleno, tras unha moción presentada por FPF.

E o terceiro rogo solicitámoslle ó Alcalde e ó seu equipo de goberno que manteñan o mercado semanal do 9 de Agosto.

Neste Pleno tamén “Foz,Plataforma de Futuro” realizou tres preguntas:

-Preguntamos por que na parroquia de Cordido se pode rellenar ó lado da fonte do Sixto, e non se pode rellenar unha charca que hai preto do río.

Resposta:Non se sabe nada dese recheo ó lado da fonte do Sixto.

-En que estado está a tramitación da nova E.D.A.R e si hai partida orzamentaria por parte da Xunta de Galicia?.

Resposta: Estase a facer un estudo de alternativas , a continuación se fará o informe medio ambiental e a continuación hai o compromiso de que se reciba a comisión de seguimento.

-En que estado está a tramitación do PXOM?

Resposta: Urbanismo xa informou de certa documentación que había que aportar a maiores, e xa se aportou. Contase que no mes de Setembro podería haber unha resposta.

Exit mobile version