Site icon Crónica3.com A Mariña

Francisco Rodríguez presentará o xoves en Ribadeo a quinta edición de “Conflito lingüístico e ideoloxía”

Ribadeo, 31 de maio de 2016.- O próximo xoves, día 2 de xuño, o profesor, político e escritor Francisco Rodríguez presentará en Ribadeo a quinta edición do seu libro de sociolingüística Conflito lingüístico e ideoloxía. Será ás 20.30 h na Casa das Letras.

Conflito lingüístico e ideoloxía foi e é un libro fundamental na comprensión da situación do idioma galego, pois por primeira vez se analizan, interpretan e diagnostican os problemas do galego en conexión cos problemas económicos, sociais e políticos da Galiza, ao tempo que se explican as ideoloxías que se proxectan sobre el.

Francisco Rodríguez non só é un estudoso da situación do galego, senón que tamén ten feito grandes aportacións ao estudo da obra de escritores como Rosalía de Castro, Curros ou Castelao.

Exit mobile version