Redondela acollía o campionato galego de tiro con arco en aire libre onde os cadetes Gabriel Galante Briones e Francisco Botelho Melo, do Club IADOVI de San Cibrao, se facían coa primeira e a cuarta posición.
Pola súa banda, Gabriel pasaba a disputar a final contra Taylor Murias, o que se veu a conformar a estar alturas en todo un clásico. Gabriel é máis certeiro que Taylor por tan só un punto de diferenza en cada set, pero suficiente para revalidar o seu título de Campión Galego.
A representante feminina do club, Ana María Briones Montes, nesta competición acusaba cansazo e falta de concentración. Así, unha serie de fallos facían que a súa puntuación habitual descendese ata quedar fóra do corte para pasar a disputar as eliminatorias, o seu punto forte nas competicións.
Doutra banda, Jorge Galante estreábase na categoría de veteranos, conseguindo unha puntuación de 450, o que o situaba no oitavo posto, disputando os cuartos de final caendo por 6 a 2 en puntos de set ante o representante do Club Arcobarco, Martín Gómez Segura.