Entre as medidas concretas do BNG-NÓS-Candidatura Galega, reducir impostos ao pequeno comercio e pasar do 25 ao 10% o Imposto de sociedades para todas as empresas con menos de cinco traballadores e cunha facturación inferior aos 2 millóns de euros anuais. “As grandes empresas e multinacionais en cambio, pagan porcentaxes ínfimos moi inferiores ao 25% usando mecanismos de evasión como as Sicavs, que propoñemos suprimir”, explica a candidata.
O BNG – NÓS-Candidatura Galega propón modificar a lei de comercio aprobada polo PP, que liberaliza os horarios comerciais. Acabar coa “barra libre” dos horarios comerciais que pon en perigo o comercio de proximidade e empeora as condicións de traballo, concluíu Olalla Rodil.
Igualmente, medidas para favorecer o acceso ao crédito do pequeno comercio que ten dificultades para financiarse, -”sobre todo despois de que nos quedásemos sen caixas de aforro galegas”-. Neste sentido, o BNG propón liñas de avais públicas que se xestione a través do IGAPE ou entidades similares que faciliten o acceso ao crédito en boas condicións.