Site icon Crónica3.com A Mariña

Inauguración de “Silencios elocuentes” no Conservatorio de Viveiro

En data 29 de xuño de 2016, o pintor viveirense Roque A. Barreiro Fanego, co patrocinio do Excmo. Concello de Viveiro, a través da Concellaría de Cultura, Muller e Xuventude, e coa colaboración do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, inaugurará no local de exposicións de dito conservatorio, a partir das 20.30 horas, a súa obra retrospectiva en pintura e outras disciplinas afíns. O título da exposición é “Silencios elocuentes”. O pintor nacido en Viveiro quere mostrar, unha vez máis, a súa traxectoria coas súas obras antiguas e máis recentes. Estará arropado por David Catá, ao piano, e por Juan Cabalar, ao violín. Pretende con isto que os seus silencios se escoiten.

Exit mobile version