O Valadouro, 14 de xuño de 2016.- A concellería de Servizos Sociais do Concello do Valadouro organiza actividades diversas polo verán dirixidas aos máis pequenos e pequenas co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar.
Entre o 1 de xullo e o 31 de agosto desenvolveranse obradoiros de cine, globoflexia, manualidades, piscina, cancións e excursións dentro da programación do Ludiverán 2016.
O horario das actividades será de 10.00 a 13.00 horas no pavillón municipal para nenos e nenas nacidas entre o 2004 e o 2012.
Os interesados e interesadas en participar pódense inscribir na Casa da Cultura ata o venres 17 de xuño. As prazas son limitadas.