Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 60 participantes para o II Campionato de Katas Trofeo Villa de Castropol

O Club Shitokai A Mariña organiza o II Campionato de Katas Trofeo Villa de Castropol ao que asistirán máis de 60 competidores da Mariña e do occidente asturiano o vindeiro sábado 25 de xuño.

O evento desenvolverase no polideportivo de Barres a partir das 11.00 horas.

102 cintos negros na Mariña
Tamén cabe destacar que o pasado 18 de xuño resultaron aprobados no exameo do Tribunal Nacional de Graos realizado en Oviedo os alumnos Xabier Doural de Foz (que obtivo o seu cinto negro 1º Dan) e Claudia Fraga de Burela (cinturón negro infantil), realizando os dous un magnífico exame.

Con estes dous alumnos, o Club Shitokai A Mariña suma un total de 102 cintos negros mariñáns.

Exit mobile version