Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción dos socialistas de Foz para instar ao goberno municipal a adaptar pasos de peóns e facelos accesibles

Foz, 29 de xuño de 2016.- O Grupo Municipal do Partido dos Socialistas de Galicia – PSOE, en base ó disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e demais normativa de aplicación, presenta a seguinte MOCIÓN para o seu debate en Pleno.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Que o noso pobo carece totalmente de accesibilidade, e aínda que son moitas as zonas e locais públicos os que hai que acondicionar , entendemos é prioritario arranxar algún dos problemas en zonas moi transitadas.

É por isto, que o PSdG-PSOE INSTA ao Concello ao arranxo das seguintes zonas:

A unión do principio do paseo ca beirarrúa de enfronte a “Costumes do Mar”, na costa do “Carro” leva anos co firme en mal estado e sen paso de peóns ca grande afluencia de xente que pasa por alí. Sería necesario un paso de peóns, incluíndo unha sinal vertical de perigo paso de peóns.

A metade do paseo hai, enfronte do Marexada hai un paso de peóns, sen rampla de acceso ó paseo.

Na entrada do paseo de Laredo, abaixo da costa do carro, hai unha rampla á dereita que sempre a bloquean os coches, debería prolongarse na beirarrúa un metro de ralla amarela e colocar un bolardo que impedise bloquearan a entrada.

O final da beirarrúa do paseo que parte do porto hai unha baixada moi pronunciada e sen pintar de amarelo, sería fácil de solucionar poñendo un pequeno tubo de 140 mm aprox de pvc para evitar encharcamentos.

Enfronte do local social para maiores, hai un paso de peóns por un lado ten unha baixada pero non coincide co paso de peóns. O seguinte paso é o que vai dende á beirarrúa do porto (onde comenza o entablillado de madeira) ó parque infantil. Este sería un acceso ó parque accesible para todos os pais cas cadeiras do nenos, xa que polo lado contrario dos xogos hai un rebaixe cunha pendente practicamente infranqueable de 45 grados.

Na praza Conde de Fontao non hai ningún rebaixe, seria bo facer un.

O final do paseo de madeira do porto hai outro paso tamén sen rebaixar.

Exit mobile version