Site icon Crónica3.com A Mariña

Non somos Venezuela… nin siquera Caracas

Moi ben debe estar dando nas enquisas Podemos para que os do PP e Cidadanstodos falen tanto de Venezuela na precampana electoral. Non ten ningún sentido falar de Caracas nin do chavismo cando o que está en xogo nas próximas eleccións é a formación dun goberno que resolva os problemas que máis están tocando o carallo a os españois, que non é o bolivarismo nin Maduro senón o desemprego, a educación, a sanidade, as carreteras cheas de furanchos, a sanidade, os servizos públicos e a corrupción.

É coma se nunhas eleccións venezolanas falásese de Madrid e do marianismo para descalificar á dereita daquel país. Ridículo ata a saciedade e a extenuación. Á xente en España interésalle pouco o que ocorre en Venezuela máis aló dos lazos históricos e sentimentais que temos cos seus habitantes, moitos deles de orixe desta bisbarra.

Cando Rajoy fala de Venezuela e Rivera viaxa para reunirse coa muller de Leopoldo López, o que están facendo é desviar a atención dos problemas que nos preocupan aqui, que non son poucos. Cando non se queren asumir os propios defetos, o fácil é sinalar os defectos dos demais.

Rajoy prefire falar de Venezuela antes que da inmensa e intensa corrupción no seu partido. Rivera prefire visitar Caracas a falar coa oposición antes de parolas das enquisas que lle volven a dar como cuarto partido do país.

Cando o dedo sinala a lúa, o bobo mira o dedo. Cando falamos de eleccións en España, os bobos (ou os lerchos) miran o futbol au a Caracas.

Otero Regal.

Exit mobile version