Site icon Crónica3.com A Mariña

Nordés celebrou o Día dos Océanos acompañado dos colexios de Mañón e O Vicedo

DSC_024510 de xuño de 2016.- Os escolares de Mañón chegaron andando á praia de Esteiro onde os esperaba, xogando e gozando do tempo, o colexio do Vicedo. Tras a charla de Antonio Martínez Pernas sobre o problema dos plásticos no medio mariño fíxose unha recollida do lixo do areal. Neste 2016, a xornada adicouse especialmente aos microplásticos polo que as actividades foron dirixidas cara a súa visualización tanto na area coma na auga co fin de mostrar a magnitude do problema. As nenas e os nenos máis maiores separaron as partículas plásticas da area cunhas peneiras e puideron ver como moitas delas flotaban na auga semellando alimento. Os máis pequenos, ao mesmo tempo, fixeron un debuxo na area con material para reciclar. Agasallos, o xantar e tempo libre na área recreativa da praia de Esteiro completaron a xornada.

Dende Nordés, queren agradecer a colaboración de ambos colexios, do Concello de Mañón, de Protección Civil, de Cuarzos Industrais e dos voluntarios.

Exit mobile version