“Uns océanos sans, un planeta san” é o lema do Día Mundial dos Océanos para este 2016. Nordés compartirá esta xornada cas nenas e nenos dos colexios CEIP O Vicedo e CEIP Francisco López Estrada (Mañón) na praia de Esteiro (Mañón) o venres 10 de xuño, en horario escolar. Esta mañá de confraternización, guiada por Antonio Martínez Pernas (téc.sup. en xestión e organización dos recursos naturais), dividirase nunha pequena charla onde se tratará o problema dos plásticos no medio mariño, enfocando a actividade cara o problema dos microplásticos, a limpeza da praia, a medición da cantidade de microplásticos presentes no areal e, ao final, tentaremos representar o logo da reciclaxe na area.
Queremos agradecer a colaboración ás nenas e nenos, aos mestres e directores dos colexios. Tamén ao Concello de Mañón, a Protección Civil e a Cuarzos Industriais. E, por suposto, aos voluntarios de Nordés!
Se alguén está interesado en participar como voluntaria/o para a actividade que se poña en contacto con Nordés a través de asociacion.nordes@gmail.com, no www.facebook.com/nordesfaladora ou no teléfono 653 756 454.