
Ribadeo, 13 de xuño de 2016.- Este domingo tivo lugar un novo Domingo a pé, organizado polo CIM e pola Concellaría de Igualdade de Ribadeo. Segundo explican desde o Centro de Información ás Mulleres “o roteiro tivemos que cambialo a última hora por mor da folga de maquinistas. Finalmente fixemos un roteiro alternativo por Ribadeo, Ove, a Frieira… foron arredor de 12 quilómetros nun día espléndido e luminoso”. A Concellaría de Igualdade e o CIM fan unha valoración positiva desta nova xornada de lecer para as mulleres do concello.