Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo recibiu a tres xornalistas británicos, que visitaron os principais atractivos do municipio

130616 ALCALDE DE CERVO CON XORNALISTAS INGLESESCervo, 13 de xuño de 2016.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, recibiu a tres xornalistas británicos, que visitaron os principais atractivos do municipio.

O rexedor municipal explicou que este domingo “estiveron con nós, en concreto na casa de turismo rural de A Senra A Casa do Mudo, tres xornalistas británicos que viñeron a través de Turespaña e Turgalicia. O seu obxectivo era coñecer a zona e poder atopar aqueles atractivos idóneos que poidan servir para difundir no seu país outra alternativa de ocio para os británicos. Por iso onte estiven con eles e dende Cervo tamén intentamos aportar o noso grao de area, ensinándolles todo aquilo que nós consideramos que é positivo para difundir o noso concello. Acercáronse ata Sargadelos e viron as instalacións, como tamén contemplaron parte da nosa zona verde natural que temos no noso concello, igual que a nosa costa”.

Alfonso Villares considera que estas visitas “todas as administracións e os seus representantes temos que aproveitalas para, a través de todos os medios, axudar a difundir todas as bondades e todas aquelas cousas positivas e encantos que ten A Mariña e en concreto o concello de Cervo”.

Exit mobile version