Alfonso Villares comenta que “desprazámonos tanto a concelleira de Cultura como eu mesmo aos dous colexios de Infantil e Primaria que temos no concello, ao colexio de San Cibrao e ao de Cervo. Achegámonos para visitar aos rapaces aproveitando que se acaba o curso escolar e tamén darlles un regalo. Trátase dun libro que foi editado exclusivamente para o Concello de Cervo, que é da serie dos Bolechas, neste caso Os Bolechas visitan Cervo”.
O rexedor municipal subliña que “é unha forma de darlles este libro a todos eles para que aproveiten o verán e poidan darlle unha ollada a esa lectura. Un libro que tamén axuda a que os nosos nenos coñezan todo o noso concello, as nosas parroquias e aqueles sitios que son de máis renome dentro do concello de Cervo. É unha forma de despedir o curso escolar e de apoiar, como estamos a facer desde o Concello de Cervo, á educación no noso municipio”.