A primeira parada será na Granxa-escola de Pedro Murias, visitarán a aula de lácteos, os invernadoiros, as naves do gando vacuno, as instalacións para o ordeño e, como non, rematarán a visita na estación meteorolóxica da granxa dende a cal se remiten diariamente os datos a Meteogalicia.
Continuarase coa visita ao Cargadeiro, Forte de San Damián , disfrutarán dun merecido relax e xantar na área recreativa de Santa Cruz.
A actividade faise toda ela dentro do horario escolar e forma parte da Programación Xeral Anual do colexio.