Site icon Crónica3.com A Mariña

O Augacons Lourenzá renova ao 95% do equipo

A plantilla do primeiro equipo das Escolas Deportivas Augacons Lourenzá confirmaba a volta do Atleti a Primeira Autonómica selando a renovación automática do 95% do plantel que ata o ano pasado xogaba en primeira e se vía arrastrados a segunda polo descenso de preferente a primeira da Milagrosa por arrastres.

Os xogadores que renovan o seu compromiso de cara á vindeira temporada son:

– Jose A. Bermúdez García (Pichi)
– Lucas Bouso Glez (Lucas)
– David Cabaleiro Pérez (Garrafín)
– Adrián Cabaleiro Rivas (Bugui)
– Diego Fdez. Rey (Carri)
– Felipe Glez. Docampo (Feli)
– Diego López Rego (Diego)
– Jorge López Vizcaíno (Jorge)
– Manuel Pardo Freire (Manu)
– Iván Recalde Docampo (Recalde)
– Noé Recalde Docampo (Noé)
– Diego Rego López (Diego Rego)
– Roi Rguez. Cabaleiro (Roi)
– Manuel Rguez. García (Manu Rguez. )
– Ramón Seivane Pérez (Montxo)
– Jesús Torres Lombardero (Suso)
– Diego Valea Rego (Chinco)

Nos vindeiros días será efectiva tamén a presentación no novo adestrador para o vindeiro curso deportivo. Xa se estudia tamén a incorporación de 3 ou 4 altas.

Teñen que deixar o vindeiro proxecto Isaac Fdez por motivos laborais, polo menos esta temporada, e Javi Chinchón que regresa ao Foz. A directiva aproveita para agradecer o traballo de Javi Chinchón nestas escolas nestes últimos anos como xogador e como adestrador. “Aínda cremos que aquí ten a súa casa, os seus amigos e compañeiros para todo o que necesite. Moita sorte”.

Exit mobile version