electoral na Praza do Campo unindo as pezas dun puzzle no que se podía
ler o lema de campaña ‘Para ter voz propia’.
A cabeza de lista ao Congreso por Lugo, Olalla Rodil, asegurou que a
formación nacionalista entende estas eleccións como unha “segunda
oportunidade” para que Galiza conte cunha “voz propia e sen tutelas” nas
Cortes españolas.
Neste senso, criticou que “nos últimos meses” as “cuestións que lle
afectan á circunscrición de Lugo e a Galiza en xeral” non estivesen
presentes nas mesas de negociación para conformar goberno.
Para a candidata, o BNG é a garantía de que “Galiza volva estar presente
nas institucións estatais coa forza e independencia coa que estivo nos
últimos 20 anos, sen ter que pedir permiso a ninguén para defender as
cuestións fundamentais que nos afectan ás galegas e galegos alí onde se
toman as decisións”.
Para o conseguir, avanzou que a formación política nacionalista
desenvolverá unha “campaña de rúa” e contacto coa xente. Rodil animou a
todas as persoas que apoian e fan parte da candidatura a dar a coñecer
as propostas do BNG-Nós Candidatura Galega e a traballar para “garantir
a presenza de Galiza” a partir do 26 de xuño.