Site icon Crónica3.com A Mariña

O CC Casco Histórico de Viveiro abre o 3 de xullo en horario de mañá no inicio da campaña de rebaixas

As campañas de rebaixas sempre animan aos consumidores ás compras. É unha boa época para comprar artigos de tempada de boa calidade a prezos moi reducidos, incluso chegando nalgúns casos para venderse por baixo do prezo de custo para liberarse dos stocks. Os datos que manexamos fannos ser optimistas para esta campaña de rebaixas que se está iniciando agora, esperando un gasto medio de 80 a 100 euros aprox. por cliente.

A pesar da liberalización dos períodos de rebaixas a maioría dos comercios coincidiron en inicialas como sempre, o 1 de xullo. Como novidade nesta campaña de rebaixas os comercios abrirán o domingo día 3 de xullo en horario de mañá, de 11.00 a 14.00 horas, dando así a posibilidade aos clientes de facerse cos artigos que xa teñen de ollo, neses primeiros días de rebaixas.

Cabe recalcar que as rebaixas do comercio tradicional son de produtos de primeiras marcas, artigos de calidade e non a de produtos fabricados para vender en rebaixas, aos que se lles inflan os prezos para realizar grandes descontos que non son reais. Se ademais do trato personalizado, profesional e próximo, unimos uns prezos super competitivos en produtos de primeira calidade… demos con todas as razóns de peso para comprar no comercio local.

A través de todas as campañas que se realizan desde as asociacións de comerciantes, téntase evitar a fuga de capitais cara a outras áreas, e que se reinvista na economía local, xa que o comercio dun pobo é o reflexo da vida do mesmo, e temos que dinamizalo constantemente. As campañas de rebaixas son un alicerce moi importante para a consecución deste obxectivo.

Exit mobile version