Site icon Crónica3.com A Mariña

O Ceip San Cosme de Barreiros recada 2.850 euros para axudar a Sofía e á Asociación Ring14

Ingreso cheque Ring14 14-06-16Barreiros, 14 de xuño de 2016.- A directora do Ceip San Cosme de Barreiros, Vanessa Bello, e Lucinda Amor (a nai da nena de Barreiros afectada pola enfermidade do cromosoma 14) ingresaron este martes pola mañá nunha sucursal bancaria de Ribadeo o diñeiro recadado coa venda dos Calendarios Solidarios. Un total de 2.850 euros.

Desde o Ceip elaboraron este ano 2016 un Calendario con imaxes dos estudantes, para sensibilizar á poboación sobre o problema das persoas que padecen unha malformación no cromosoma 14.

Hai que destacar que Sofía, a moza barreirense afectada pola enfermidade, estudou no Ceip San Cosme e os seus compañeiros lémbrana con moito agarimo, por iso quixeron axudar dalgún modo. E a maneira que atoparon foi converténdose en modelos de calendario por un día.

Esta acción foi posible grazas á axuda e solidariedade de profesores, pais, veciños de Barreiros e por suposto os estudantes.

Exit mobile version