Site icon Crónica3.com A Mariña

O concelleiro de deportes de Burela asistirá ao último partido da temporada do Burela FSF

Burela, 31 de maio de 2016. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, estará o vindeiro sábado, 4 de xuño, en Logroño para asistir ao último partido da tempada do Burela FSF, que se enfronta ao FSF Rioja. Si as laranxas gañan proclamaríanse campioas da Liga 2015/2016.

O equipo burelés ten 80 puntos neste momento e o Atlético Féminas, de Madrid, 79. Na última xornada da liga as madrileñas enfrontaranse na casa ao Ourense Envialia.

Fernández Rey sinala que “o Concello burelés quere estar nesta cita representado a todos os veciños e veciñas de Burela, xa que as rapazas do Burela FSF poden gañar a liga en Logroño. Queremos acompañalas nesa importante xornada na que poden volver a facer historia, como xa o fixeron noutras ocasións”.

O edil socialista deséxalles “moita sorte a este equipo de mulleres, ao corpo técnico e á Directiva do club polo traballo realizado ao longo de toda a tempada. Oxalá o sábado vivamos unha nova festa do deporte en Burela que será un motivo de orgullo para o noso pobo e os seus veciños”.

Exit mobile version