Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela convoca a provedores e empresas a un encontro informativo no que lles explicarán como rexistrarse na plataforma de licitación electrónica

Burela, 3 de xuño de 2016.- O Concello convoca unha xuntanza o día 9 deste mes, para explicar a provedores e empresas cómo rexistrarse na plataforma de licitación electrónica. A sesión informativa terá lugar no salón de plenos a partir das 10:00 horas.

O alcalde burelés, Alfredo Llano, dixo: “quero informar a toda aquela xente que sexa provedor ou teña interese en ter algún tipo de relación co Concello de Burela, que o Concello está sumado á iniciativa impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e do que se trata é de facer rexistros para que os provedores ou empresas que queiran licitar calquera tipo de obra o fagan a través das novas tecnoloxías”.

O rexedor subliñou que “a finais de ano vai ser case como unha obriga que toda a xestión se leve a través das novas tecnoloxías”. E engadiu que “para aclarar ben este asunto imos convocar a todo o mundo que queira achegarse ata aquí, tanto provedores como empresas. Imos celebrar unha sesión o próximo día 9 deste mes. Imos explicar cómo rexistrarse na plataforma de licitación electrónica e tamén cómo enviar unha oferta a través desa plataforma”.

Alfredo Llano considera que “isto é moi interesante para todas aquelas persoas que dalgún xeito teñan que relacionarse cos concellos. Vai ser unha axuda e unha boa información para que pouco a pouco se vaian sometendo a esta disciplina da tecnoloxía e facer máis fácil toda a relación que se teña cos concellos”.

Exit mobile version