Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela reclama varias melloras na estrada da Deputación que vai de Burela a San Cibrao, a LU-P-1510

Burela, 28 de xuño de 2016.- O Concello solicítalle á Deputación de Lugo varias obras de mellora na estrada provincial que vai de Burela a San Cibrao e que discorre a carón do mar. O alcalde, Alfredo Llano, reuniuse co responsable da Área de Xestión Territorial, Argelio Fernández, para plantexarlle diversas demandas.

O rexedor burelés manifestou que “neste encontro expuxéronse dúas reclamacións. A primeira delas é a necesidade dunha nova sinalización vertical porque hai que ter en conta que aí, ao estar pegadas ao mar, hai moitas sinais que están completamente oxidadas de deterioradas. En primeiro lugar é necesario substituír toda esa sinalización e en segundo lugar hai que arranxar o firme, aínda que se mellorou bastante nas obras que se fixeron na zona da Marosa onde se puxo novo asfaltado e quedou perfectamente nunha das curvas que era bastante perigosa e moi transitada, pero que hai que rematar ben esta obra”.

Llano dixo que “imos tratar de arranxar aquelas fochancas que hai desde A Marosa a San Cibrao. Tamén estamos mirando de colocar un paso de peóns na zona dos estadios de fútbol porque ao ir moita xente e rapaces a facer deporte, non sería mala idea facelo. Temos que ver si é posible pintalo ou non nese viario provincial”.
O alcalde de Burela agarda que “en pouco tempo se fagan estas obras e a ver se tamén se fai unha roza integral de toda esta estrada o antes posible, porque me dou conta que iso é importante telo resolto”.

Libro
Alfredo Llano aproveitou a súa visita á Deputación para interesarse pola reedición do libro de Ricardo Pena, que será unha realidade en breve. O rexedor contou que “faremos unha primeira tirada de 500 exemplares e si logo fosen necesarios máis faríamos unha segunda da mesma cantidade. O libro do que fora cronista de Burela estará listo para a celebración da nosa Feira do Libro en agosto”.

Exit mobile version