Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo acometerá obras de mellora na Edar, no polígono de Cuíña, cun investimento de 148.554 euros, dos que un 80 por cento será aportado pola Xunta

270616 FOTO CERVO VISITA Á EDAR (1)Cervo, 27 de xuño de 2016.- O Concello de Cervo acometerá obras de mellora na estación depuradora de augas residuais (EDAR), no polígono de Cuíña, cun investimento total de 148.554 euros, dos que un 80 por cento será aportado pola Xunta de Galicia. O alcalde, Alfonso Villares, e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, visitaron na mañá deste luns as instalacións da depuradora.

Alfonso Villares comentou: “hoxe achegámonos ata o polígono de Cuíña, e en concreto á depuradora que ten este Concello alí instalada, a delegada territorial da Xunta de Galicia, Raquel Arias, e membros do goberno local con motivo dun investimento que imos acometer nesta EDAR”.

O rexedor cervense subliña que “é unha actuación que temos que agradecerlle á Xunta de Galicia polo financiamento dunha parte importante, en concreto cunha subvención que nos concede de 118.843 euros dun total do investimento de 148.554 euros. Por tanto un 80 por cento dánolo a Xunta de Galicia”.

Villares engade que “este investimento é para levar adiante uns traballos nesta depuradora que consistirán en facer unha serie de melloras que son necesarias e que van reverter en que o saneamento e as augas residuais que veñen da zona de San Ciprián teñan un tratamento mellor do que nestes momentos xa hai”.

O alcalde de Cervo detalla que “son melloras que van desde os traballos que hai que acometer tanto nos elementos técnicos desta depuradora como as obras que se van facer no reactor biolóxico; e tamén en distintas zonas, como na liña de lodos, e ademais os que se van realizar cara ao desareado e desengrasado desta depuradora”.

Alfonso Villares rematou anunciando que é “un proxecto que temos xa previsto acometer neste verán. Trátase de un investimento importante polo que temos que agradecer á Xunta de Galicia a súa axuda a este Concello de Cervo”.

Exit mobile version