Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo colabora coa ANPA na renovación dos baños de dúas aulas de Infantil

Cervo, 28 de xuño de 2016. O Concello cervense colabora coa asociación de nais e pais de alumnos (Anpa) do colexio de Cervo para renovar os baños de dúas clases de Infantil do centro, que foi visitado polo alcalde, Alfonso Villares Bermúdez, e pola concelleira de Educación, Dolores García Caramés.

A edil de Educación explicou este martes que “a Anpa do colexio de Cervo retirou partes dos baños de dúas clases de Infantil. Foi nunha xornada na que se xuntaron varios padres e membros da Anpa, entre eles Mari Luz Álvarez, Remedios Fernández e María José Iglesias. Tamén estiveron Benedicto García, Benedicto Fernández e Antonio Abad, pais e avós de nenos e nenas do colexio que colaboraron na maior parte da obra e aos que a Anpa lles agradece a súa colaboración. A asociación de nais e pais leva a cabo este proxecto aportando o material necesario para a obra, valorado en 5.000 euros aproximadamente, e o Concello executará a obra nos próximos días para que en setembro estea rematada a instalación dos baños renovados”.

Dolores García destacou que “o Concello de Cervo colabora con todas as iniciativas das Anpas dos colexios, xa que considera que ten gran importancia apoiar a etapa escolar”.

Exit mobile version