Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo presentará este mércores novo material de promoción turística

Cervo, 28 de xuño de 2016.- O Concello de Cervo presentará novo material de promoción turística do municipio nun acto que se celebrará este mércores ás 19:30 horas na Casa da Cultura de San Cibrao.

A concelleira de Turismo, Manuela Méndez Álvarez, anunciou este martes que este acto está dirixido fundamentalmente a hostaleiros e representantes de asociacións, pero é aberto ao público en xeral.

Manuela Méndez explicou que entre o material que será presentado hai un logotipo, folletos e vídeos sobre varias festas e dos principais atractivos turísticos do municipio.

Ademais da edil de Turismo no acto estarán o alcalde cervense, Alfonso Villares, e outros membros do goberno municipal.

Exit mobile version